3/2/17

AS ÁRBORES DA PAZ

Wangari soupo ver que a paz na terra depende da nosa capacidade para garantizar a supervivencia do noso medio natural. O seu enfoque sobre o desenvolvemento ssustentable abarca a democracia, os dereitos humanos e os dereitos da muller en particular. "Pensa globalmente e actúa a escala local"
Traballo realizado polo alumnado de sexto de primaria para o día da paz sobre o libro de Jeannette Winter.

30/1/17

DÍA DA PAZ


Co motivo do festexo do Día da Paz este 30 de xaneiro sensibilizamos ao alumnado de Primaria sobre @s nen@s refuxiad@s de Siria. Na clase explicouse o motivo de que Siria esté en guerra e puidemos entender mellor o que sinten @s nen@s dese país con videos como este de Save the Children ou este outro de UNICEF.

Dende as clases de 3º de Primaria, o alumnado gravou unha serie de mensaxes de esperanza e ánimo para @s nen@s que por causa da guerra non poden voltar ás súas casas. Este foi o resultado.

12/1/17

BITÁCORA DO CLUB DE LECTURA

O club de lectura xa ten a súa propia bitácora, visítaa premendo na imaxe.

http://clubdelecturacpimosteiromeis.blogspot.com.es/


14/12/16

GALICIENCIA 2016

Por terceiro ano os nosos alumnos participaron en Galiciencia, feira científica que se celebra en Ourense  na que os rapaces e rapazas de ESO e Bacherelato expoñen as súas ideas  innovadores, cos seguintes proxectos:

AVISTAMENTO DE CETÁCEOS

Traballo realizado sobre o avistamento de cetáceos mariños na Ría de Pontevedra a partir dos datos da Coordinadora para o estudo dos mamíferos mariños.


INVESTIGACIÓN SOBRE ESPECIES INVASORAS NO REGATO DE SANTO TOMÉ

Consistiu en buscar aquelas especies invasoras que se poden atopar nun río próximo ao colexio, o regato de San Tomé. Nese pequeno espazo existen máis de dez especies diferentes que non son propias dese ecosistema. «A acacia, a herba dá pampa e ou bambú son as  especies invasoras máis comúns.