14/4/11

UN CONTO CONTADO...

Os de 1ºB de E. Primaria fixemos unha adaptación da "CANTIGA CIII DE AFONSO X" sobre a orixe da Armenteira. ESCOITADE O BEN QUE XA LEMOS!

13/4/11

CARTAS DE AMOR EN SECUNDARIA

Moitas grazas a tod@s pola vosa participación no Concurso de Cartas de Amor en San Valentín.
 A  calidade dos traballos reflectiu o voso esforzo e interese e por suposto, no vindeiro ano esperamos máis e mellor.

Parabéns aos tres gañadores: ALBA, JUAN E CRISTINA. Se queredes emocionarvos coas súas cartas premede  AQUÍ  .

7/4/11

A MONA LISA

Esta semana na Biblioteca os rapaces e rapazas de 2ºA de E. Primaria fixeron un pequeno PROXECTO DOCUMENTAL INTEGRADO sobre A Mona Lisa. A actividade desenvolveuse dentro do Proxecto Global "Un paseo pola Arte". Esperamos que vos guste!



Unha aperta de Golfiño!

CONCLUSIÓNS (Interesante documento coas respostas e opinións dos participantes no PDI. Non deixes de botarlle un ollo!)


OUTROS DOCUMENTOS