25/2/14

DÍA DE ROSLÍA

Para celebrar o 175 aniversario do nacemento de Rosalía, o 24 de febreiro, os alumnos e alumnas do noso Centro recitan poemas de Cantares Gallegos e Follas Novas.

Lugar máis hermoso
no mundo n´achara
que aquél de Galicia.
¡Galicia encantada!
(...)


Has de cantar,
meniña gaiteira;
has de cantar,
que me morro de pena.
(...)


Vente, rapaza
vente, meniña
vente a lavar
no pilón da fontiña.
(...)


Un repoludo gaiteiro,
de pano sedán vestido,
como un príncipe cumprido,
cariñoso e falangueiro,
(...)


Teño tres pitas brancas 
e un galo negro
que han de poñer bos ovos
andando o tempo;
(...)


Nosa Señora da Barca
ten o tellado de pedra;
ben o pudera ter de ouro
miña Virxe si quixera.


Adiós ríos; adiós, fontes;
adiós, regatos pequenos;
adiós, vista dos meus ollos;
non sei cándo nos veremos.
(...)


Miña Santiña,
 miña Santasa,
miña cariña 
de calabasa:
(...)



Unha vez tiven un cravo
cravado no corazón
i eu non meacordo xa si era aquel cravo
de ouro, de ferro ou de amor.
(...)












7/2/14

UN CANTO Á PAZ

Estreamos, co soño de Amina de Anna Gasol, este teatrillo de orixe xaponés que se emprega para contar historias.
Amina vive nunha cidade en guerra. Ela cóntalle a súa nai os seus desexos de vivir nun lugar en paz onde os nenos e as nenas poidan xogar na rúa e non teñan medo a ir a escola.



O Soña de Amina é un auténtico canto a Paz.

4/2/14

COMPARTIR

Unha bonita animación onde a cooperación resulta decisiva para superar os obstáculos. Compartindo todos atoparíamos o noso espazo para relizarnos como persoas  ( ter traballo, vivenda, dereito á saúde, dereito á educación.....)

365 DÍAS DE PAZ



Estar en paz con nós mesmos e cos demais, mellorar a convivencia escolar, superar a exclusión e a pobreza, educar na tolerancia e nos dereitos humanos, son actitudes que debemos ter presentes os 365 día do ano.



Bibliomosteiro habilitou un espazo con libros sobre a tolerancia, a convivencia e a paz na zona de maior tránsito do Centro para que o alumnado os poidera ollar, escoller e levar para a súa casa de forma autónoma,  só con cumprimentar unha ficha.



Cada alumno do Centro confeccionou un marcador de páxinas que intercambiou  na casa por alimentos non perecedeiros  que foron doados á Fundación Amigos de Galicia a través do Concello de Meis.






Canción e Manifesto pola PAZ