14/12/16

GALICIENCIA 2016

Por terceiro ano os nosos alumnos participaron en Galiciencia, feira científica que se celebra en Ourense  na que os rapaces e rapazas de ESO e Bacherelato expoñen as súas ideas  innovadores, cos seguintes proxectos:

AVISTAMENTO DE CETÁCEOS

Traballo realizado sobre o avistamento de cetáceos mariños na Ría de Pontevedra a partir dos datos da Coordinadora para o estudo dos mamíferos mariños.


INVESTIGACIÓN SOBRE ESPECIES INVASORAS NO REGATO DE SANTO TOMÉ

Consistiu en buscar aquelas especies invasoras que se poden atopar nun río próximo ao colexio, o regato de San Tomé. Nese pequeno espazo existen máis de dez especies diferentes que non son propias dese ecosistema. «A acacia, a herba dá pampa e ou bambú son as  especies invasoras máis comúns.


25/11/16

O CPI MOSTEIRO REXEITA O MALTRATO E A VIOLENCIA

O alumnado de 4º da ESO do CPI Mosteiro Meis de Pontevedra sensibilízanse fronte á violencia machista cunha curtametraxe para o 25 de novembro Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller.
O alumnado de 1º e 2º de Educación Primaria fixeron uns debuxos onde mostran situacións nas que hai amor e nas que hai desamor e explícannos como o ven.

24/11/16

VISITA AO PLANETARIO E AO SIMULADOR NAVAL DA ESCOLA NAVAL DE MARÍN

Interesante e frutífera visita as instalacións académicas da Escola Naval de Marín.
Obsevamos os planetas e estrelas  e identificamos as constelacións máis coñecidas como  a Osa Maior, a Osa Menor, a estrela Polar, Orion ou Casiopea que aparecían na bóveda celestedo planetario.

O simulador de navegación é como unha ponte de mando real rodeado de ventanas a estribor e a babor e coa proa do que aparenta unha fragata. Nel   reprodúcense as distintas condicións   do tempo   (néboa, chuvia, neve…) e  de mar ( mar de fondo, marusíaa, mar arbolada…)


Despois das instrucción do oficial, @s nos@s alumn@s tomaron  os mando do timón e os  controis de velociade  e dende   a alta mar puxeron rumbo  ao porto de Marín con algún que outro contratempo.





O UNIVERSO

Por que o espacio é negro, por que hai estacións, que é a osa polar, podemos vivir noutros planetas, é moi grande o universo...A estas e a outras preguntas que vaian xurdinto tentará respostar o proxecto sobre o UNIVERSO que estamos a desenvolver no primeiro e segundo trimesre a través das propostas e ideas das distintas aulas.


Mural anunciador do proxecto da Biblioteca sobre o universo


Unha exposición iteinerante con libros sobre o universo recorrerá as distintas aulas do centro,

DEREITOS DOS NEN@S

O alumnado de 1ºA aproveitandoDía dos Dereitos d@s Nen@s quixeron explicarnos de onde viñan os seus nomes  na radio escolar  do C.P.I de Mosteiro.




2/11/16

SEMANA DO SAMAÍN

Chegou o Samaín cunha morea de actividades:  decoración dos paneis dos  corredores do colexio,  preparación e adornos das cabazas e moitas lecturas de medo.



Na biblioteca buscamos compaxinar a lectura con momentos divertidos, e dada a festividade con ratos de medo e terror. Así construímos un túnel de terror con moitos efectos especiais. Un túnel espelúxante e terrorífico, so para os máis valentes.


A recompensa a tamaña aventura: compartir un momento de lectura na biblioteca á luz das candeas.




24/10/16

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

Hoxe celebramos o Día das Bibliotecas Escolares. É un bo momento para dar relevancia a nosa biblioteca na comunidade educativa. De abrir as portas da biblioteca e deixar que os libros inunden o espazo escolar, que acudan as mans dos lectores e lectoras para que os examinen, os aprecien e  para que cambien impresions  cos seus compañeiros  e compañeiras. En definitiva que se acostumen a valorar a importancia dos libros e da lectura.

Unha vez escollidos os libros, os alumnos e alumnas dos cursos superiores (4º a 6ª)  compartiron un momento de lectura cos máis pequenos (1º a 3º). Con esta actividade  pretendese mellorar a lectura e favorecer as relacións interpersoais do centro e o acercamento entre nenos e nenas de diferentes idades.



13/10/16

AGRADECEMENTO AOS NOSOS AXUDANTES DE BIBLIOTECA

En plena actividade. O noso agradecemento aos novos axudantes da Biblioteca que este ano veñen con moita forza e entuasiasmo.  Prepararon  as mochilas, encanutillaron  as follas con   información e  suxestíonss  dos  cadernos e incluso axudaron  na colocación de etiquetas e na catalogarción dos libros.

CLUB "LECTURIÑAS"

Queres xuntarte con  outras persoas para ler un mesmo libro, falar sobre o lido e pasar un bo rato.  Ainda estás a tempo  de pertecer ao noso club. Corre, comezamos axiña. Esperámosvos na biblioteca o 1º e 3º venres de cada mes.


17/8/16

O BIGOTE DE MIMÍ

Mimí, cando non está a xogar co seu bo amigo Fiz, anda a perseguir ratos e todo tempo que lle queda libre dedícao a enfeitar o bigote que, igual que os seus ollos, e verde, azul e acastañado.
Mirade que boa adaptación  deste conto de Manuel María  feita  no teatriño de monicreques,.



23/4/16

DÍA DO LIBRO

Neste panel os nosos alumn@s reflexaron  o que para eles significa un libro, o que lles aporta a lectura, por que lles gusta ler e o que sinten cando se ven envoltos por unha boa novela.









OS LIBROS SON PARA VALENTES

   A verdade é que nunca gustei moito de todos eses discursos sobre a importancia do libro, das boas lecturas, e todo aquilo...Sempre pensei que falar da importancia da lectura era como ter que explicar a importancia de comer, de beber. De respirar.
   Porque de nada serve unha lectura se non nos atrapa. De nada serve un libro que non nos namora. Que non nos marabilla, que non nos amosa outros mundos, que non nos emociona. De que serve unha historia se non nos arrastra dentro da treboada, se non nos fai chorar ante unha vida que se apaga, se non nos fai rir ata desencaixarnos a mandíbula, se non nos arrebata, se non nos calma...? Esas son as boas lecturas, as que nos levan máis alá destas catro paredes. E eses son os bos libros, os que nos converten en mellores persoas, máis grandes, máis capaces, máis vivas.
  Todos sabemos que para cada un de nós hai un amor. Un que nos cambiará a vida, que lle dará sentido á nosa existencia, e nada máis debemos estar dispostos a ser valentes , a dar un paso adiante e dicirlle a esa persoa "Ei, ti, gústasme! Podo darche un bico?" Do mesmo xeito, eu tamén sei que para cada un de nós hai un libro. Un que nos explicará como é que funciona isto de vivir, como se sae adiante, como se avanza. Ou, polo menos como poñerlle o rabo ás cereixas...
  Para todos hai un libro. Ou dez. Ou mil. Outra cousa é que esteamos dispostos a abrilos. Que me dicides, valentes, atrevédesvos?
                                                                              Pedro Feijoo

Texto escrito  por  Pedro Feijoo  para a celebración do Día Mundial do Libro e dos Dereitos de Autor 2016.  Agasallo para as Bibliotecas Escolares de Galicia.

20/4/16

PAULA CARBALLEIRA

Paula Carballeira estivo hoxe cos alumn@s de 1º e 2º de Primaria para contarlles as andanzas da protagonista do seu conto  "A  Burra Ramona" que un bo día deixa de traballar e decide voar.




Traballos d@S alumnos de primeiro e segundo de primaria.

14/4/16

ALFREDO GÓMEZ CERDÁ

O alumnado de Primaria, 1º e 2º de ESO recibimos a vista do escritor Alfredo Gómez Cerdá.  Falamos con el  da  súa ilusión por ser escritor desde pequeno, dos seus libros, e dos seus personaxes... Un día moi especial



16/3/16

LEDICIA COSTAS

Encantounos a visita de Ledicia Costas. Premio de Narrativa Infantil e Xuvenil polo seu libro"Escarlatina, a cociñeira defunta"




Fixemos moitas preguntas e quixemos saber máis dos persoaxes e das historias do libros que lemos.


Ao rematar a charla firmounos os libros.

8/3/16

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER TRABALLADORA

Pequena homenaxe do alumnado do noso centro ás mulleres que día a día están a noso carón.

26/2/16

VIDA E OBRA DE ROSALÍA

Os rapaces e rapazas de quinto fan un pequeno percorrido polos acontecementos que marcaron a vida e a obra de Rosalía de Castro no teatriño Kamishibai.

25/2/16

ADIÓS RÍOS, ADIÓS FONTES

Fermosa interpretación do poema de Rosalia de Castro realizada polas alumnas e alumnos de cuarto de primaria no Día de Rosalía.

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

Lembramos o día  do nacemento de Rosalía de Castro, 24 de febreiro, con diversas actividades.
Elaboramos postais con debuxos alusivos a estrofa "Alborada" de Cantares Galegos.



Canta paxariño alegre
canta!
Canta porque o millo medre,
canta!
Canta porque a luz te escoite,
canta!
Canta que fuxeu a noite.



Os alumnos e alumnas colocamos as postais  en dous grandes murais  na biblioteca e nos pasillos do Centro.




Representamos  a vida e a obra de Rosalía de  Castro nun Kamishibai con música.



E recitamos poemas de Cantares Galegos.








2/2/16

30 DE XANEIRO : DÍA DA PAZ


 Desde 1964, para conmemorar a morte de Gandhi, celébrase o 30 de xaneiro o Día Escolar da Non Violencia e a Paz, recoñecido pola UNESCO en 1993. Nesta data lémbrase a necesidade da educación para a tolerancia, a solidariedade, o respecto aos Dereitos Humanos, a non violencia e a paz. 
Hoxe os alumnos e alumnas do CPI Mosteiro-Meis unimos as nosas mans para formar este retrato de Gandhi, coa esperanza de que unidas freen as guerras e a violencia que nos fan tanto dano.



Lectura do manifesto pola Paz.

27/1/16

A ÁRBORE XENEROSA

Os nenos e nenas de quinto curso foron os encargados da realización do video da obra de Shel Silvertein, A árbore xenerosa.
Unha historia para reflexionar sobre a sustentabilidade, proxecto de Centro do presente curso.

Podemos describir o libro como a desigual relación entre o planeta e a especie humana que toma una boa parte dos recursos da natureza e non deixa nada a cambio.

17/1/16

VENRES DE CINE

O señor Morris é un amante dos libros e tamén goza escribindo. Con todo, cando chega o gran furacán o libro de Morris vóase xunto co resto do pobo, as sús casas, as sús  rúas, as sús persoas.
Cando pasa o temporal, o pobo queda abatido. Morris deambula polas que antes eran rúas, perdido e totalmente baleiro sen o seu libro.
No medio da desolación aparécese ante Morris unha muller que voa grazas a que miles de libros multicolores sostéñena; ela entrégalle a Morris un libro e con iso “sálvao" da tristeza.Morris é conducido ao gran paraíso para quen ama os libros: a biblioteca. No seu novo fogar Morris dedica a vida aos libros, cóidaos literalmente, restáuraos si así o requiren, ordénaos e dálles vida compartíndoos cos lectores que chegan á biblioteca en busca dalgunha lectura. Os libros devólvenlle a Morris a vida que parecía perdida tralo furacán.Co tempo Morris vaise volvendo vello e enfermo; esta vez son os libros quen o coidan a el, léndolle un conto cada noite. Morris está chegando ao final da vida, terminou de escribir o seu libro e, do mesmo xeito que a muller dos libros voladores, Morris é elevado por miles de libros multicolores que voan e condúceno ao seu descanso eterno.Unha nena pequena entra á biblioteca e nas súas mans é depositado o libro que contén a vida de Morris...así todo volve comezar.