28/11/16
25/11/16
O CPI MOSTEIRO REXEITA O MALTRATO E A VIOLENCIA
O alumnado de 4º da ESO do CPI Mosteiro Meis de Pontevedra sensibilízanse fronte á violencia machista cunha curtametraxe para o 25 de novembro Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller.
O alumnado de 1º e 2º de Educación Primaria fixeron uns debuxos onde mostran situacións nas que hai amor e nas que hai desamor e explícannos como o ven.
O alumnado de 1º e 2º de Educación Primaria fixeron uns debuxos onde mostran situacións nas que hai amor e nas que hai desamor e explícannos como o ven.
24/11/16
VISITA AO PLANETARIO E AO SIMULADOR NAVAL DA ESCOLA NAVAL DE MARÍN
Interesante e frutífera visita as instalacións académicas da Escola Naval de Marín.
Obsevamos os planetas e estrelas e identificamos as constelacións máis
coñecidas como a Osa Maior, a Osa Menor, a estrela Polar, Orion ou Casiopea que aparecían na bóveda celestedo planetario.
O simulador de navegación é como unha ponte de mando real
rodeado de ventanas a estribor e a babor e coa proa do que aparenta unha fragata.
Nel reprodúcense as distintas condicións do tempo (néboa, chuvia, neve…) e de mar (
mar de fondo, marusíaa, mar arbolada…)
Despois das instrucción do oficial, @s nos@s alumn@s tomaron os mando do timón e os controis de velociade e dende a alta mar puxeron rumbo ao porto de
Marín con algún que outro contratempo.
O UNIVERSO
Por que o espacio é negro, por que hai estacións, que é a osa polar, podemos vivir noutros planetas, é moi grande o universo...A estas e a outras preguntas que vaian xurdinto tentará respostar o proxecto sobre o UNIVERSO que estamos a desenvolver no primeiro e segundo trimesre a través das propostas e ideas das distintas aulas.
Mural anunciador do proxecto da Biblioteca sobre o universo
Unha exposición iteinerante con libros sobre o universo recorrerá as distintas aulas do centro,
DEREITOS DOS NEN@S
O alumnado de 1ºA aproveitando o Día dos Dereitos d@s Nen@s quixeron explicarnos de onde viñan os seus nomes na radio escolar do C.P.I de Mosteiro.
2/11/16
SEMANA DO SAMAÍN
Chegou o Samaín cunha morea de actividades: decoración dos paneis dos corredores do colexio, preparación e adornos das cabazas e moitas lecturas de medo.
Na biblioteca buscamos compaxinar a lectura con momentos
divertidos, e dada a festividade con ratos de medo e terror. Así construímos un
túnel de terror con moitos efectos especiais. Un túnel espelúxante e
terrorífico, so para os máis valentes.
A recompensa a tamaña aventura: compartir un momento de
lectura na biblioteca á luz das candeas.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)